O caderno de Rutka

O caderno de Rutka

Autor: Rutka Laskier

ISBN: 9791399275728

Editorial: AIRA EDITORA

Edición: 01

Fecha edición: 01-09-2026

Coleccion: diário

Nº Volumen: 0000

Ilustraciones: MIGUEL ROBLEDO

Traductor: MARCOS RANDULFE

Encuadernación: Cartoné

Audiencia: Juvenil de 13 a 15 años

Idioma original: Polaco

Idioma publicación: Gallego

Más información

En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario íntimo dunha rapaza é tamén un testemuño extraordinario sobre o Holocausto. Escrito con espontaneidade, humor, rebeldía e unha sorprendente madurez, O caderno de Rutka reconstrúe os últimos meses da vida de Rutka Laskier antes da súa deportación a Auschwitz. O seu caderno, conservado durante décadas e descuberto no 2006, converteuse nun dos testemuños máis conmovedores da persecución nazi, pola súa capacidade para facer visible, desde a intimidade, a vida cotiá das vítimas do xenocidio dos xudeus.

Productos relacionados